Criaturas nauseabundas en TV en horario infantil.
Quen me mandaría a min facer zapping…?
Aparece Toni Cantó dicindo: «A mí lo que no me parece normal es que le pongas un cordón sanitario a VOX, que es un partido constitucional y totalmente decente y sin embargo pactes con Bildu, que…»
Por que estamos permitindo isto?
7.3.2025 10:32Criaturas nauseabundas en TV en horario infantil.Quen me mandaría a min facer zapping…?Aparece Toni Cantó dicindo: «A mí lo que no me...Só espero que o nome desta IA sexa Open European Union AI… ou directamente OEUAI.
From: @EUCommission
https://ec.social-network.europa.eu/@EUCommission/113985602348882258
Un bo momento para recordar a Linus Torvalds falando de Nvidia…
27.1.2025 19:31Un bo momento para recordar a Linus Torvalds falando de Nvidia…Outra dúbida que teño é se os servizos de Apple poderían ser unha boa alternativa (sei que non é a idea básica, pero é unha dúbida derivada).
É dicir: sería máis “ético” usar Apple Music que Spotify?
27.1.2025 09:07Outra dúbida que teño é se os servizos de Apple poderían ser unha boa alternativa (sei que non é a idea básica, pero é unha dúbida...Para comezar co #despotify estou probando evermusic en iOS. Se vai ben, non tería problema en facer o pagamento da versión pro se tivese información concreta dos tres puntos anteriores.
Se alguén sabe dalgunha alternativa fiable que cumpla os requisitos de respecto da privacidade e non nazismo, acepto suxestións 😅.
27.1.2025 09:07Para comezar co #despotify estou probando evermusic en iOS. Se vai ben, non tería problema en facer o pagamento da versión pro se tivese...Inspirado por este texto de @teclista , decidín probar pouco a pouco o #despotify.
Sempre que sigo un proceso similar, atopar a alternativa a unha certa aplicación x é a parte máis complexa, xa que teño que indagar sobre:
1. É código aberto?
2. Canto respecta a privacidade da persoa usuaria?
3. O seu CEO é un nazi?
E ás veces non me resulta nada doado atopar info satisfactoria.
A liña vermella estaría na resposta ao punto 2.
27.1.2025 09:07Inspirado por este texto de @teclista , decidín probar pouco a pouco o #despotify.Sempre que sigo un proceso similar, atopar a alternativa...A ver se vai ser que a toxicidade está nas persoas e non nas redes que habitan…
From: @Mrfunkedude
https://mastodon.social/@Mrfunkedude/113889768730055963
Unha espiña que teño cravada desde hai tempo e ler Dune. Así que estes días, decidín buscar se existía unha algunha edición traducida ao galego. Curiosamente o único que atopei foron os dous primeiros capítulos. Por que? Porque forman parte dun TFG da Universidade de Salamanca.
Así estamos.
TRADUCIR CIENCIA FICCIÓN AL GALLEGO: Propuesta de traducción hacia el gallego de Dune
Autor: César Figueira Montero
Titora: Mª Carmen África Vidal Caramonte.
Parece unha chorrada, pero isto fixo que me lembrase de que a forma que tivemos moitas de chegar ás redes sociais foi a partir dun correo electrónico dalgunha persoa coñecida, algunha amiga, algún contacto do Messenger…
From: @FediTips
https://social.growyourown.services/@FediTips/113873619179288255
Levo un tempo por aquí, pero aínda non fixera #presentación. Creo que a iniciativa de #imonosxuntas é unha boa ocasión para enmendar ese erro.
Uso as redes de cando en vez, coma unha distracción, para compartir tonterías que vexo ou que se me ocorren e para estar ao día dalgúns temas que me interesan: actualidade, educación, software libre, cine, series…
Tamen ando por PixelFed e teño a ponte activada con BlueSky.
Escribirei principalmente en galego, porque falta fai.
19.1.2025 20:35Levo un tempo por aquí, pero aínda non fixera #presentación. Creo que a iniciativa de #imonosxuntas é unha boa ocasión para enmendar...Acaba de ocorrer. O concursante di que non sabe responder a esta pregunta, que lle parece dificilísima. Finalmente, seleccionou 1946, porque “es después de las guerras”.
Hai xente que non sabe que houbo unha ditadura no seu propio país. Pero claro, non hai que falar do franquismo. Non hai que reabrir vellas feridas…
#memoriademocrática #franquismo #historiadeespaña
16.1.2025 18:51Acaba de ocorrer. O concursante di que non sabe responder a esta pregunta, que lle parece dificilísima. Finalmente, seleccionou 1946,...Levaba xa un tempo botándolle un ollo a Pixelfed e hai unhas semanas fixen unha conta. Hoxe borreina e fixen outra.
E por conservar a miña imaxe corporativa do fediverso, aquí está: @opavlo@luzeed.org
Aínda non sei se que uso lle vou dar ou se lle vou dar uso sequera, pero aí estou, por se a alguén lle presta. De momento só hai unha foto dun bicho. Pero é un bicho ben bonito.
15.1.2025 12:14Levaba xa un tempo botándolle un ollo a Pixelfed e hai unhas semanas fixen unha conta. Hoxe borreina e fixen outra.E por conservar a miña...«Tener unos gustos no comunes como espectador es peligroso, porque puedes caer en las trampas de la vanidad, de la misantropía, del elitismo. Peor todavía, puedes acabar pillándole el gustillo a ir a la contra y convertirte en un contestatario que va por la vida con el piñón fijo y el truco aprendido.
Un simulacro de personalidad.»
https://bsky.app/profile/vigalondo.bsky.social/post/3le72g4kav224
4.1.2025 09:29«Tener unos gustos no comunes como espectador es peligroso, porque puedes caer en las trampas de la vanidad, de la misantropía, del...Levo tempo dicindo que hai que subir as pedreas da lotaría de Nadal a 1200€ ou 1250€.
O cambio de «cantar cien-to-cin-cuen-ta-miiiil pe-seee-taaas» a simplemente «miiiiiiil euros» foi dramático.
Pois creo que o de Amaia hoxe en La Revuelta foi unha marabilla.
19.12.2024 22:25Pois creo que o de Amaia hoxe en La Revuelta foi unha marabilla.Buff...
https://www.youtube.com/watch?v=30kaynBPKc4
12.12.2024 20:39Buff...https://www.youtube.com/watch?v=30kaynBPKc4Nun telexornal destes días, nunha conexión con Siria, saía de fondo unha nena pequena, aparentemente moi feliz, vestida cun chándal rosa de Barbie. Ninguén sabe aínda cal vai ser o futuro dese país, pero oxalá que sexa un no que esa nena poida seguir vestindo con chándales rosas de Barbie ou con calquera outra cousa que ela decida.
10.12.2024 15:03Nun telexornal destes días, nunha conexión con Siria, saía de fondo unha nena pequena, aparentemente moi feliz, vestida cun chándal rosa...«La tele pública (…) ha apostado por sí misma, recuperando su esencia de servicio público y compartiendo con millones de espectadores la odisea de un orgulloso venado que, pese a hallarse en franca decadencia, se resiste a aceptar las consecuencias de un más que evidente cambio en la escala alimenticia.»
https://www.revistagq.com/articulo/la-berrea-del-ciervo-tve-documental-naturaleza-obra-maestra
22.11.2024 13:17«La tele pública (…) ha apostado por sí misma, recuperando su esencia de servicio público y compartiendo con millones de espectadores...Onte vin a segunda parte de Inside Out en Disney+. Fun mirar por curiosidade a selección do idioma de audio: inglés, castelán e catalán.
Se cadra isto que digo é unha chorrada. Ou non.
From: @ElSaltoDiario
https://mastodon.social/@ElSaltoDiario/113304757959205420
Beeeeeeen!
From: @actualidade
https://mastodon.gal/@actualidade/113241659239948072