Chegoume isto por whatsapp. Estou tan saturado de spam por teléfono e mensaxes que xa dubido se é un erro xenuíno ou algunha movida estraña pra sacarme cartos.
11.6.2025 06:46Chegoume isto por whatsapp. Estou tan saturado de spam por teléfono e mensaxes que xa dubido se é un erro xenuíno ou algunha movida...Hai xente que me sae tanto no inicio que penso que xa as sigo. Logo síntome como o pingüín badoco cando vexo que non.
9.6.2025 08:30Hai xente que me sae tanto no inicio que penso que xa as sigo. Logo síntome como o pingüín badoco cando vexo que non.LB: Viñen pra mastodon hai seis meses e entre tódalas cousas que aprendín a que máis me sorprende é o potencial ¿meméstico? ¿memético? de Tintin.
Item: ❤️ @quesemana
6.6.2025 10:50LB: Viñen pra mastodon hai seis meses e entre tódalas cousas que aprendín a que máis me sorprende é o potencial ¿meméstico?...Hai xa un mes ou así que me chega un correo semanal coas actividades que fai a biblioteca de Pontevedra.
Encántame a idea pero sempre que o vexo na bandexa asústome porque penso que me están reclamando algún libro que non devolvín.
(Non collín un libro alí dende o ano pasado)
6.6.2025 07:49Hai xa un mes ou así que me chega un correo semanal coas actividades que fai a biblioteca de Pontevedra.Encántame a idea pero sempre que o...Meus pais fixéronlle un favor á veciña e ela agasallounos cunha botella de aceite de oliva virxe. Debe andar polo mesmo prezo que unha de viño pero sen dar resaca. Eu voulle copia-la idea.
1.6.2025 12:30Meus pais fixéronlle un favor á veciña e ela agasallounos cunha botella de aceite de oliva virxe. Debe andar polo mesmo prezo que unha de...Hoxe acordeime dunha miña profe de Prehistoria, que cando mencionaba xacementos europeos, ubicábaos na RDA ou "en la actual (sic) Yugoslavia".
Entendo que estudando culturas cunha duración de milleiros de anos a paisana non teña en conta irrelevantes estados de menos de 50 anos de vida.
Porén, que oportunidade perdida para dicir, como Cuerda, "no actual imperio Austrohúngaro".
20.5.2025 09:40Hoxe acordeime dunha miña profe de Prehistoria, que cando mencionaba xacementos europeos, ubicábaos na RDA ou "en la actual (sic)...Cando bates con isto no medio do campus de Pontevedra non sabes se é mala disposición do lixo; unha vinganza por un suspenso ou unha instalación artística performativa.
Vós que opinades?
12.5.2025 09:44Cando bates con isto no medio do campus de Pontevedra non sabes se é mala disposición do lixo; unha vinganza por un suspenso ou unha...Suikoden I e II eran dos meus xogos favoritos da primeira PlayStation que me flipaba porque tiñas que recrutar 108 personaxes para combates, batallas e mellorar o teu castelo.
Tras case 20 anos esquecida, o equipo orixinal publica un sucesor espiritual por crowfunding e Konami responde sacando un remaster que se ve ben bonito... e tamén anunciando un Suikoden novo para móbil con mecánicas de gatcha.
Que noxo me da que collan unha mecánica tan guai pra convertila nunha máquina comecartos.
9.5.2025 10:34Suikoden I e II eran dos meus xogos favoritos da primeira PlayStation que me flipaba porque tiñas que recrutar 108 personaxes para...Hoxe descubrín o xóves de estilográficas e fíxome ilusión.
Eu quero amosarvos a miña. Un presente de aniversario da miña parella. Escolleu esta Lamy porque é un modelo cómodo para iniciarse na escritura con pluma - unha cousa que sempre me producira curiosidade - e porque o celeste é das miñas cores favoritas.
O certo é que a uso pouco pero adoito reservarlle os usos máis solemnes.
Hoxe trouxen a comida para a biblioteca pero deixei os cubertos atrás. Hora de fozar coma un porco se non me deixan un garfo na cafetería.
6.5.2025 12:49Hoxe trouxen a comida para a biblioteca pero deixei os cubertos atrás. Hora de fozar coma un porco se non me deixan un garfo na cafetería.Eu na biblioteca cando teño ó lado ós estudantes de grao.
5.5.2025 19:36Eu na biblioteca cando teño ó lado ós estudantes de grao.Onte rescatamos unha toupa que estaba perdida por unha beirarrúa de San Lázaro e levámola ó anaco de herba máis próximo.
Pequerrecha, espero que dera furado o camiño a casa.
Entereime do apagón ao empezar a escoitar á veciñanza apagar e encender interruptores de forma frenetica. Que cousas!
28.4.2025 11:02Entereime do apagón ao empezar a escoitar á veciñanza apagar e encender interruptores de forma frenetica. Que cousas!#apagonA alguén máis lle parece que a intro de Sailor Moon do xabarín é un temazo digno de que o cantara Ana Kiro?
https://www.youtube.com/watch?v=KLv5xcRk9GE
11.4.2025 08:42A alguén máis lle parece que a intro de Sailor Moon do xabarín é un temazo digno de que o cantara Ana...Onte comecei a ler Dune no autobús. Deume un arrepío a actualidade que teñen estas liñas do primeiro capítulo.
"Hubo un tiempo en que los hombres dedicaban su pensamiento a las máquinas, con la esperanza de que ellas los harían libres. Pero esto sólo permitió que otros hombres con máquinas los esclavizaran."
11.2.2025 14:38Onte comecei a ler Dune no autobús. Deume un arrepío a actualidade que teñen estas liñas do primeiro capítulo."Hubo un tiempo en...Os próximos 3 meses vou a vivir en Lisboa 😊 🚋
3.2.2025 10:09Os próximos 3 meses vou a vivir en Lisboa 😊 🚋Hoxe toca dirixir Eberron a esta compañía de rescate tan dilixente como desafortunada.
12.1.2025 10:34Hoxe toca dirixir Eberron a esta compañía de rescate tan dilixente como desafortunada.#rolFozando nun disco duro vello topei isto. Ía contar cal é a súa historia, pero logo pensei que me facía máis gracia compartilo así ás bravas.
4.1.2025 20:41Fozando nun disco duro vello topei isto. Ía contar cal é a súa historia, pero logo pensei que me facía máis gracia compartilo así ás...Senta bonito chegar, dicir ola e que che responda unha morea de xente.
Grazas a todas!
Ola, mundo!
Na verán decidín volver a empregar linux. Redescubrín que na rede hai aínda comunidades de persoas nas marxes das grandes plataformas. Volvéronme as ganas de participar e colaborar e decidín abrirme un perfil en Mastodon para poder facelo na miña lingua.
Interésame a fotografía, o surf, a informática e a astronomía. Gústame o café e as historias ben contadas.
A quen hai que seguir por aquí?
26.12.2024 20:31Ola, mundo!Na verán decidín volver a empregar linux. Redescubrín que na rede hai aínda comunidades de persoas nas marxes das grandes...